Teatro social | Arelar xestión socioeducativa

Teatro social

 

IMG_1396

O teatro social é unha ferramenta dun enorme potencial para a intervención socio-educativa. A imaxe que temos do teatro e da cultura en xeral, a miúdo é a dun ámbito reservado aos especialistas da cultura. Pero as linguaxes expresivas poden chegar a converterse nunha ferramenta que ofreza un amplo abano de posibilidades educativas, de animación e incluso terapéuticas se recoñecemos en cada persoa a potencalidade de chegar a ser un axente activo a partir do teatro.

Dende arelar empregamos o teatro e as súas posibilidades como canle para a realización de diversos proxectos socio-educativos.  Dende a linguaxe expresiva, arelar configura procesos educativos e de formación persoal, que facilitan un marco de transformación social.

O noso  equipo  técnico deseña proxectos adaptados ao contexto e nos que que o teatro facilita o desenvolvemento integral das persoas e a capacidade para transformar problemáticas sociais percibidas e sentidas polos grupos e colectivos implicados.

Deste xeito, deseñamos proxectos vencellados ás seguintes liñas de acción:

  • Proxectos de teatro social
  • Desenvolvemento de proxectos de teatro do oprimido e o uso das súas diferentes ferramentas (teatro foro, teatro imaxe…)
  • Teatro escolar para o desenvolvemento de habilidades persoais