Teatro foro: Un instrumento para abordar o ciberacoso

No proxecto “Mocidade inqueda” estase a realizar un teatro foro co titulo “ciberacoso” e que pretende facer reflexionar sobre esta problemática a partir dunha problemáticas que se presenta en escena, e que busca atopar alternativas para dar apoio á vitima, o rol que deben de xogar os diferentes observadores dunha situación de ciberacoso, etc…

O teatro foro é un instrumento dun gran potencial transformador como ferramenta do teatro do oprimido de Augusto Boal, e que permite un traballo moi eficaz tanto cos portagonistas da escenificacion , como cos “espect-actores” que participan no propio foro trala representación, acehgando a escena as súas visions e achegas do conflito presentado.

O proxecto rematará cun encontro da mocidade de Lugo o vindeiro 30 de setembro, na que se poderán compartir diversos produtos xerados pola mocidade participante, entre eles a representacion do teatro foro.