Teatro foro: recurso didáctico fronte ao ciberbullying

Ven de rematar nos diferentes institutos de Vilagarcía de Arousa,  un proxecto de “Prevencion do Ciberacoso e bó uso das TIC´S” que consistíu na creación de diversas pezas teatrais creadas polo alumnado dos diferentes centros para reprsentar ante a comunidade educativa dende a metodoloxía do teatro foro.

Ao longo do segundo e terceiro trimestre participaron no proxecto 257 alumnos participaron no proxecto (70 alumnos e alumnas como creadoras de3 pezas de teatro foro, 187 alumnos e alumnas como destinatarias das diferentes pezas teatrais para sensiblizar sobre esta problemática de convivencia).

 

 O proxecto abordou a problemática do ciberbullying, dende diversas ópticas, e sempre partindo da visión do alumnado participante, que tivo un gran protagonismo á hora de estruturar a peza teatral, perfilar os personaxes e ientificar as situacións nas que era preciso actuar para protexer a unha vítima de ciberbullying,

 Este pasado venres 14 de xuño, tivo lugar unha visita por parte da concelleria de Benestar social Tania García e o seu equipo de traballo, para entregar unha serie de diplomas de recoñecemento polo papel desenvolvido, así como para coñecer de primeira mán as súas percepcións sobre a vivencia persoal en torno ao teatro foro.

Nas visitas a cada un dos centros, un dos elementos máis destacados fixo referencia á implicacion do alumnado para construír un recurso didáctico de sensibilización ao redor do ciberbullying.

       entrega de diplomas no IES Armando Cotarelo Valedor