Archives

Ti decides….

No marco dun proxecto de aprendizaxe-servizo o alumnado do CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón, elaborou como un dos materiais da campaña, o seguinte video, como instrumento para a sensibilización na separación de residuos no fogar.

Claro, didáctico e con mensaxe…..

 

Ler máis…

Boqueixón recicla

“Boqueixón Recicla”, é a denominación da campaña de sensibilización do proxecto de aprendizaxe-servizo (ApS) que están a desenvolver o alumnado do CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón, e que entra agora na súa recta final, coa posta en práctica desta campaña para a mellora na separación de residuos no fogar.

Antes de chegar a este punto, o alumnado recibiu unha serie de formacións previas, e elaborou unha serie de visitas a equipamentos especializados na xestión de residuos
Ler máis….

Proxecto de voluntariado miúdo “Móvete”: Xornada de fin de curso

O pasado 21 de xuño, tivo lugar a xornada lúdica do programa de voluntariado miúdo “Móvete” e que serviu para poñer colofón ao programa neste curso escolar. A xuntanza tivo lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, e reuniu a 110 alumnos e alumnas dos 3 centros participantes (CEIP A LOMBA, CEIP DAS FONTIÑAS E CPI VIRXE DA CELA).

Ao longo da xornada o alumnado defrutou dunha aventura solidaria, elaborou un gran mural e defrutou de xogos na praia, sempre dende unha perspectiva colaborativa e reforzando os valores solidarios presentes en todo o programa.

Ao longo da xornada contamos coa presenza da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Cecilia Vázquez,  que acompañou ao alumnado e profesorado para poñer fin á xornada, e facer entrega dos diplomas acreditativos .

Neste enlace pode ver algunhas das mellores imaxes da xornada