Archives

Coñecendo novos proxectos na RCES

Ao longo deste mes desenvolvéronse diversas visitas de asesoramento aos centro de nova incorporación a RCES, para coñecer os diferentes proxectos que están a impulsar e poder por en común as dinámicas de funcionamento dentro da Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES) e as actividades que se ofertan para o apoio aos proxectos solidarios de cada centro.

Nesta quenda realizáronse visitas aos seguintes centros:

IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa)

IES de Meaño (Meaño)

IES Isidro Parga Pondal (Carballo)

CPR Mariano (Vigo)

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

 

Arelar desenvolve a coordinación técnica destas visitas no marco da RCES para a dinamización dos proxectos solidarios de cada centro.

“Cada xesto conta”: Voluntariado en acción

 

O alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES) conmemorou o Día Internacional do Voluntariado cunha serie de accións coordinadas e dirixidas a poñer en valor a figura do voluntariado á hora de dar apoio entorno a aquelas necesidades que actualmente están presentes nas nosas sociedades.

Para iso, celebraron unha videoconferencia para compartir as experiencias que se ían a desenvolver ao longo da xornada. Todas elas vencelladas ao contacto cos nosos maiores, actuación consensuada meses atrás entre o alumnado dos diferentes centros. Deste xeito, cada centro deseñou actuacións especificas para traballar psicomotricidade, elaborar programas de radio cos maiores, realizar actividades de acompañamento, etc… Cada actividade co maior dos entusiasmos e cariño por aquelas persoas que o deron todo por nós.

Para rematar, o alumnado da RCES, decidiu realizar unha serie de “selfies solidarios” con mensaxes propias, transmitindo o valor da acción voluntaria, máis alá do día de hoxe.

Parabéns!

CVXp17xWEAEVsP-

Unha alumna nos momentos previos á videoconferencia

“Volunradio”: A radio como recurso didáctico a prol da solidaridade e o compromiso

dende fai unhas semanas o alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios, estivo a traballar na elaboracion dos contidos dun programa de radio para o III Encontro da Rede de Centros Solidarios (RCES), e que deu lugar ao “Volunradio”, onde se deu a coñecer o que significa a Rede de Centros Escolares Solidarios, entrevistas, elaboració nde publicidade solidaria e informacion en directo sobre as actividades desenvovlida ao longo do encontro. Arelar desenvolveu a coordinación técnica do proceso didáctico.

aqui tedes o podcast: