Archives

“+ Q Fútbol” un proxecto para a prevención e a integración social

O “+ Q Fútbol” é un proxecto que está a xenerar de xeito constante, diversos materiais para promover os valores saudables e de integración da mocidade de procedencias moi diversas, a través da linguaxe universal do fútbol.

O proxecto é promovido polo Concello de Santiago e cofinanciado polo Plan Nacional sobre Drogas, e está a ser desenvolvido, na parte técnica polo equipo  de Arelar.

Agardamos que vos guste este pequeno vídeo descritivo:

 

“+ Q Fútbol” a ritmo de rap

 

Aqui compartimos o rap do “+ Q Fútbol” xordido dos participantes do propio proxecto e coa colaboración do grupo, “olímpicos”, algúns dos seus membros asiduos participantes no proxecto.

Dende a creación deste rap amósanse os valores e ideas centrais do proxecto, dun xeito que conecta coa mocidade e elaborado polos propios mozos e mozas.

No desenvolvemento do “+ Q Fútbol” xorden procesos paralelos de gran interese e potencialidade educativa. Este rap é un claro exemplo.

 

O “+ Q Fútbol” tivo un fin de festa espectacular

Onte tivo lugar o peche desta fase do proxecto do “+ Q Fútbol”, contando coa visita de María Castelao, concelleira de Benestar social, e Rebeca Domínguez, concelleira de Educación. Ademais, tivemos a presenza dun combinado feminino de xogadoras de varios equipos da cidade para celebrar o fin de festa. Ademias, a xornada converteuse nun espazo extraordinario para vivenciar a práctica do deporte en igualdade, dende o rsepecto e o o desfrute.

???????????????????????????????                                                        Foto de grupo do “+ Q Fútbol”

 

Aqui vai un enlace da nova publicada dende o Concello.

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=10325