Archives

Achégase a estrea de “Urxencias”

O Clube de Maiores de Boqueixón están a preparar a obra “Urxencias”,  unha peza coral que a modo de parodia retrata a vida nunha sala de urxencias dun hospital moi peculiar.

Na preparación desta peza teatral participan 26 maiores, que con moito traballo e ilusión están a piques de levar a escena esta obra cómica. O vindeiro 22 de abril será a estrea na Casa da Cultura de Camporrapado.

Outro dos aspectos máis salientables fai mención ao proceso de traballo na construción da peza por parte dos maiores, na que partindo da obra de Suso de Toro, “servicio de urxencias”, establecéronse unha serie de adaptacións, que fixeron o proceso de construción moito máis rico e diverso.

Arelar desenvolve a coordinación técnica deste proxecto de teatro comunitario.

 

“As voces de Conxo” enchen de historia e participación comunitaria cada recuncho do barrio

Ao longo destas semanas o alumnado de 5º e 6º de educación primaria do CEIP Cardeal Quiroga Palacios traballa na creación dun programa radiofónico chamado “As voces de Conxo” que pretende achegarse aos elementos máis resaltables do barrio, outorgando voz propia á veciñanza, ao redor da historia do barrio, o seu patrimonio ou as institucións máis relevantes.

Seguindo esta liña de traballo o programa inclúe contidos vencellados ao propio centro educativo, a historia do barrio, o lavadoiro de Conxo, ou o Centro Sociocultural situado no barrio, entre outros contidos.

Ler máis…

A radio: un instrumento para o desenvolvemento comunitario

Ven de presentarse os resultados do proxecto de radio comunitaria para a educacion en valores no barrio de Conxo, e que implicou a 5 entidades do barrio (fundación Down Compostela, IES Eduardo Pondal, CEIP Quiroga Palacios, CSC de Conxo e Asociación Dignidade) na elaboracion dunha serie de programas radiofónicos vencellados ao territorio ( o barrio) e aos diferentes centros de interese dos seus protagonistas : o colectivo infanto-xuvenil do barrio.

O resultado final foron unha serie de podcast onde se abordaron temas moi dispares( educación, a loita contra a discriminación, promoción da diversidade, educación, historia do barrio, cultura e lingua, etc…), que contaron coa implicación dos seus protagonistas no proceso de elaboración dos diferentes contidos, deseño do guión, etc…

Ler máis…..