Archives

Unha aproximación á xestión dos conflitos na escola infantil

A pasada semana tivo lugar un obradoiro de resolución de conflitos dirixido ao alumnado do ciclo superior de educación infantil do CIFP Politécnico de Lugo, no que se efectuou unha aproximación inicial aos conflitos, definición e características xerais,  ademais de identificar os elementos característicos na visión dos conflitos na etapa da educación infantil (0-3 anos).

Ao longo do obradoiro afondouse na identificación das posicións, intereses e necesidades dentro dun conflito, e traballouse dende un caso práctico que permitiu abordar moitas das cuestións analizadas no plano teórico.

O obradoiro foi impartido por Arelar, e desenvolveuse seguindo tódalas medidas hixénico sanitarias establecidas ante a situación de pandemia pola COVID-19 que estamos a vivir.

 

As habilidades sociais para promover unha verdadeira igualdade

Hoxe tivo lugar no CIFP Ferrolterra un obradoiro de “Habilidades sociais en pé de igualdade” dirixido a alumnado do Ciclo Superior de Infantil e ao alumnado de FP Básica de carpintería e  moble e de electricidade e electrónica.

O obradoiro pretendeu establecer a conexión entre as habilidades sociais no desenvolvemento dunha convivencia en igualdade entre homes e mulleres, adaptándoo aos contextos profesionais e sociais de cada familia profesional do alumnado participante.

Os 3 grupos participantes nos obradoiros tiveron unha actitude moi participativa e proactiva nos debates e role playing efectuados no obradoiro, para traballar dende unha perspectiva práctica.

 

O acoso escolar dende a perspectiva de xénero

Durante o 18 e 19 de novembro, desenvolvéronse no CIFP COROSO uns obradoiros de acoso escolar dende a perspectiva de xénero, afondando naquelas situacións de acoso escolar na que a compoñente de xénero amosa os seus elementos diferenciais.

Os obradoiros foron traballados cos 3 grupos de 1º de FP Básica do centro educativo (Industrias alimentarias, transporte e mantemento de vehículos, embarcacións deportivas e de recreo).

O obradoiro desenvolveuse de xeito que se respectaba tódalas normas covid-19 do centro, polo que se adaptou a metodoloxía aos requerimentos hixiénico-sanitarios.

Arelar foi a entidade encargada de impulsar estese obradoiros que xa están consolidados no programa de actuacións a prol da convivencia no CIFP COROSO