Radioencontro “A experiencia conta”: un espazo para a aprendizaxe interxeracional

Onte veu de celebrarse o radioencontro “A experiencia conta”, como colofón dun proxecto interxeracional no que se empregou a radio como instrumento de traballo para a creación compartida de aprendizaxes e vivencias entre persoas de diferentes xeracións, demostrando que a interxeracionalidade é un valor con gran impacto socioeducativo.

No proxecto “a experiencia conta” participaron diversas entidades para a creación dos diferentes programas radiofónicos: Concello de Vedra, Residencia As Dores (Lalín), ASociación Cultural O castro de Baión (Vilanova de Arousa), Centro de Maiores de Afundación de Betanzos, Cruz Vermella de Betanzos, CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei), e Residencia San Xoan (Castro de Rei) foron os protagonistas desta experiencia interxeracional que tivo o seu culmen no radioencontro celebrado na Cidade da Cultura.

Neste radioencontro, contouse cunha mesa redonda previa onde a asociacion veciñal de cabreiros (Xermade) e o Concello de de A Estrada compartiron os sseus proxectos: xornadas interxeracionais de Cabreiros e o programa de envellecemento activo do concello de A Estrada.

Posteriormente, O Conselleiro de Politica Social José Manuel rey Varela e a Directora Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, deron a benvida aos 150 participiantes no radioencontro. A continuación, indagouse na esencia do proxecto “A Experiencia Conta”, a través dunha peza audiovisual e un coloquio cos seus protagonistas.

Na parte final o IES Saturnino Montojo (Ferrol) compartiron a súa experiencia educativa “Fálame da emigación” e o broche de ouro realizouse coa emisión do programa radiofónico “Ruando na lareira” creado polo alumnado do CEIP Ramón Falcón e os maiores da Residencia San Xoan (Castro de Rei) . No programa tamén participaron membros das experiencias de Betanzos, Vedra, Lalín e Baión.

En definitiva, unha xornada que serviu para empoderar aos seus protagonistas nun espazo interxeracional tremendamente enriquecedor.

Arelar e Laboratorio de Radio desenvolveron a parte técnica dun proxecto promovido pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

IMG_1354

Mesa redonda inaugural do radioencontro