Presentación | Arelar xestión socioeducativa

Presentación

Arelar Xestión Socioeducativa, é unha empresa galega adicada ao desenvolvemento de servizos socioeducativos de alta calidade.

En arelar, móvenos o desexo por dar resposta ás diferentes necesidades sociais que a sociedade actual plantexa ante diversas situación e colectivos: Infancia, mocidade, muller, inmigración, educación ambiental, etc…

O valor dos nosos servizos reside no traballo personalizado cos nosos clientes e as persoas destinatarias dos diferentes proxectos socioeducativos :

O importante son as persoas

Os nosos resultados veñen avalados por unha ampla experiencia no eido social, a profesionalidade e a capacidade de traballo en equipo, ademais de amosar unha aposta constante pola inovación educativa no desenvolvemento dos nosos servizos.

Arelar declárase “socialmente responsable” coas persoas da organización, co tempo, cos prazos e cos servizos que desenvolve.