Participación e desenvolvemento comunitario | Arelar xestión socioeducativa

Participación e desenvolvemento comunitario

 

IMG_1491

A participación cidadá é un valor de gran trascendencia á hora de vertebrar a nosa sociedade hoxe en día. A participacion garda na súa esencia un valor didáctico de gran calado social, xa que a mellora social e a resolución dalgunhas problemáticas sociais que afectan ás persoas e aos seus territorios, se´ra posible en gran medida, se a cidadanía participa activamente nso diferentes procesos de resolución colectiva.

dende Arelar, promovemos proxectos socio-educativos onde a participación é entendida como unha ferramenta para o desenvolvemento dos colectivos e as comunidades, xerando as dinámicas axeitadas para que a participación sexa un mecanismo de mellora social sentida e aceptada pola cidadanía.

O noso equipo técnico deseña proxectos que tentan respostar a necesidades sociais de cada contexto e que poder dar pé ao desenvolvemento integral das persoas no seu entorno de referencia.

Deste xeito, deseñamos proxectos vencellados ás seguintes liñas de acción:

  • Desenvolvemento de procesos de participación social (PPS)
  • Procesos de dinamización do tecido asociativo
  • Procesos de valorización dende a participación cidadá
  • Proxectos de desenvolvemento comunitario (PDC)