Arelar xestión socioeducativa | O importante son as persoas - Part 26

“O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” en Forcarei

O pasado 10 de outubro, o alumnado de 1º de ESO do IES Chano Piñeiro de Forcarei, puido desfrutar dunha visita guiada da exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” na que o alumnado puido percorrer a exposición ao tempo que interactuar dun xeito ameno e divertido cos diferentes contidos da mesma, que tenta sensibilizar sobre o cambio climático, os impactos actuais, e que accións podemos adoptar a cidadanía para mitigar os seus efectos no planeta.

IMG_1339         IMG_1343

o alumnado puido interactuar de diferentes xeitos cos contidos da exposición

150 alumnos e alumnas participan no I Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios

O pasado 4 de outubro, máis de 150 alumnos e alumnas de 6 centros da rede de centros escolares solidarios, participaron no I Encontro da rede de centros Escolares Solidarios, e nas que amosaron os seus proxectos e as súas “micromovies solidarias”, en base aos seus proxectos que desenvolven ao longo do curso escolar. Arelar, coordinou o proxecto de “micromovies solidarias”  nos diferentes centros, ademais da organización do encontro promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

IMG_1333 IMG_1174 ??????????????????????????????? ?????????????????????????????????????????????????????????????? ???????????????????????????????

Durante o encontro o alumnado visionou  as “micromovies” realizadas durante o final do curso pasado, e logo puideron amosar en diversos stands os seus proxectos solidarios que impulsan dende cada centro.

Se queredes ver os diferentes micromovies podedes velas dende os seguintes enlaces, ou visitando a canle de arelarproxectos.

“A tortura de Carmen”  IES DAVID BUJÁN

“Solidaridade” IES AFONSO X O SABIO

“Vidas infravaloradas” CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

“O descubrimento de Lois” IES A PINGUELA

“Un final feliz” IES CARLOS CASARES

“Unha segunda oportunidade” CPI DOMINGO FONTÁN

“Monfero Solidario” CPI VIRXE DA CELA

“Xuntos somos máis” IES MUGARDOS

Parabéns para todo o alumando e profesorado implicado neste proxecto polo proceso xerado e os resultados conqueridos. O seu traballo deu pé a un encontro xerador de redes a prol da solidaridade.

 

O vindeiro 4 de outubro terá lugar o I Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios.

o vindeiro 4 de outubro terá lugar o I Encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios, na que 6 centros educativos compartirán os seus proxectos solidarios e as súas micromovies realizadas durante o curso pasado.

Tralo encontro, poderedes ver aqui as diferentes micromovies, froito do excepcional traballo do alumnado de cada centro.