O Ciberbullying a debate no IES Castro Alobre

Ao longo desta semana o alumnado de 3º PMAR desenvolve unha serie de teatros foro para abordar a problemática do ciberbullying para todo o alumnado de 2º de ESO do centro.

O alumnado de 3º de PMAR leva traballando ao longo do trimestre na creación dunha peza de teatro foro (“Noelia”) na que abordan a problemática do ciberbullying dentro dun centro educativo. O alumnado participante creou as diferentes situacións e personaxes da peza, a partires das súas percepcións e inquedanzas.

O resultado final é unha peza de 18 minutos de duración que representan para os 5 grupos de 2º de ESO en cinco sesións, e que serve como recurso educativo para abordar esta problemática: analizar o papel dos espectadores ante situacións de bullying ou ciberbullying, estratexias de protección da vítima, aspectos que seven para detectar situacións problemáticas, ou que facer ante un caso no noso centro.

O alumnado de 2º de ESO está amosando unha resposta extraordinaria, participando como “espect-actores” na construcción de estratexias para dar resposta a problemática da vítima da peza presentada.

Esta iniciativa forma parte do proxecto de “Prevención do ciberacoso e bo uso das TIC” promovido polo Concello de Vilagarcía e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. Arelar desenvole a coordinación técnica do proxecto.

A continuación podedes acceder a difusión do proxecto na prensa escrita:

https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/12/21/noelia-lesbiana-acosada/2020804.html

O proxecto ten continuidade neste curso nos diferentes centros de secundaria de Vilagarcía de Arousa.