Facendo fronte ao ciberbullying

Esta semana deu comezo o proxecto de “Prevención do ciberacoso e bo uso das Tic´s” promovido polo Concello de Vilagarcía e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, e que pretende establecer estratexias de sensibilización, prevención e detección do ciberacoso no seo da comunidade educativa.

O proxecto establece dúas liñas de traballo perfectamente diferenciadas. Por unha banda, establécese unha serie de accións formativas para nais e pais, dirixida a facilitar estratexias de detección de posibles situacións de ciberacoso, así ocomo para establecer pautas educativas para a prevención.

Por outra banda, o proxecto establece unha actuación innovadora para o traballo directo co alumnado, dirixida a preparar un teatro foro coa temática do ciberacoso, elaborado polo propio alumnado e que representará ao resto da comunidade educativa en varias sesións formativas.

En cada centro será un grupo aula quen prepare as pezas teatrais ao longo de 16 horas lectivcas, para logo realizar diversas sesions de teatro foro na que participarán outros grupos, xerado asi un recurso educativo de gran impacto para o traballo preventivo e de sensibilización ao redor do ciberacoso en educación secundaria.

Os centros implicados neste proxecto son o IES Castro Alobre, o IES Fermín Bouza Brey, o IES Miguel Angel González Estévez e o IES Armando Cotarelo Valledor.

O proxecto impleméntase ao longo do curso 2018-2019 coa coordinación técnica de Arelar.