Convivencia e desenvolvemento persoal | Arelar xestión socioeducativa

Convivencia e desenvolvemento persoal

As relacións interpersoais son por definición complexas, e que requiren dun tratamento específico dende unha perspectiva socio-educativa para a súa optimización. Por iso, resulta necesario o desenvolvemento dunha serie de competencias e destrezas nos individuos, que nos capaciten satisfactoriamente para afrontar o reto da convivencia dende a comprensión e o enriquecemento mútuo.

En arelar entendemos que dende diferentes eidso sociais, xenéranse problemáticas socio-educativas moi diversas, e que requiren de propostas de promovan a súa resolución ou minimicen os efectos negativos. O eido escolar, a interculturalidade, o ámbito laboral, etc.. son escenarios que amosan situacións de certa complexidade que requiren de proxectos específicos para facilitar unha convivencia e relacións interpersoais satsifactorias, unha integración social e/ou laboral, ou a adquisición de destrezas persoais para o afrontamentos destas situacións.

Deste xeito, deseñamos proxectos vencellados ás seguintes liñas de acción:

 

  • Resolución de conflitos

  • Mediación escolar

  • Intelixencia emocional

  • Habilidades sociais aplicadas ao contexto profesional

  • Interculturalidade, convivencia e mediación

  • Inserción laboral