Category Archives: RADIO COMUNITARIA

A educación en valores a través da radio comunitaria

A radio pode ser un elemento de gran interese para traballar a educación en valores dende unha perspectiva comunitaria. este é o obxectivo do proxecto de radio comunitaria que dende a concellería de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela se está a impulsar ao longo deste último trimestre do ano.

No proxecto participan varias entidades do barrio de Conxo ( Cruz Vermella, Centro Sociocultural de Conxo, Asociación Dignidade, IES Eduardo Pondal, Fundación Down Compostela e CEIP Quiroga Palacios), e que permiten dotar ao proxecto dun carácter diverso e enriquecedor, dende unha dobre perspectiva: a visión do barrio dende as diferentes entidades participantes, e os centros de interese de cada colectivo implicado na elaboración dos programas.

O resultado final son unha serie de programas de radio, que se poderán escoitar a través dos seus respectivos podcast, e que posibilitaría a produción de contidos radiofónicos xerados pola comunidade para a propia comunidade.

Ler máis…

A radio: Un instrumento para a dinamización comunitaria

Esta semana ven de rematar o proxecto de dinamización comunitaria a través da radio no barrio de Conxo. Nesta experiencia participaron 7 mozos e mozas do barrio que empregaron a súa visión do barrio e das súas inquedanzas para deseñar os contidos e a estrutura deste programa piloto.

O resultado final, tanxibilizarase a través dun podcast que fai un percorrido por diferentes contidos de interese tanto dende unha perspectiva xuvenil coma comunitaria.  Deste xeito, as obras no barrio de Conxo ao longo deste tempo, ou centro sociocultural coma referente do barrio, son algún dos referentes máis interesantes do guión elaborado.

Ler máis…

Conxo nas ondas!!!

O pasado 9 de novembro deu inicio o obradoiro de radio no centro sociocultural de Conxo, para desenvolver un programa de radio con  perspectiva comunitaria, na que se aborden diferentes contidos dirixidos a coñecer o barrio dende unha óptica xuvenil e diferente.

Asi mesmo, o programa de radio resultante será un espazo para dar resposta a diversas inquedanzas da mocidade do barrio.  Nas primeiras sesións traballarase na elaboración da estructura de contidos e o guión do programa, para logo proceder a gravación do mesmo e crear o podcast definitivo.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto