Monthly Archives: Decembro 2018

O Ciberbullying a debate no IES Castro Alobre

Ao longo desta semana o alumnado de 3º PMAR desenvolve unha serie de teatros foro para abordar a problemática do ciberbullying para todo o alumnado de 2º de ESO do centro.

O alumnado de 3º de PMAR leva traballando ao longo do trimestre na creación dunha peza de teatro foro (“Noelia”) na que abordan a problemática do ciberbullying dentro dun centro educativo. O alumnado participante creou as diferentes situacións e personaxes da peza, a partires das súas percepcións e inquedanzas.

O resultado final é unha peza de 18 minutos de duración que representan para os 5 grupos de 2º de ESO en cinco sesións, e que serve como recurso educativo para abordar esta problemática: analizar o papel dos espectadores ante situacións de bullying ou ciberbullying, estratexias de protección da vítima, aspectos que seven para detectar situacións problemáticas, ou que facer ante un caso no noso centro.

Ler máis….

Enlázate ao voluntariado: XX Congreso estatal de Voluntariado

O pasado 28 e 29 de novembro desenvolveuse en Ourense o XX Congreso estatal de voluntariado baixo o lema “Enlázate ao voluntariado” e que pretende promover dende diferente ópticas o voluntariado como un instrumento de cambio e transformación social con gran valor en diferentes eidos sociais.

Arelar participou no Congreso por unha dobre vía. Por unha banda a través da presentación do proxecto “A experiencia conta” a través da recreación dun programa de radio que permitíu coñecer dun xeito dinámico e fresco a esencia deste proxecto.

En segundo lugar dende a realización dun obradoiro na xornada do 29 de novembro sobre o ciberbullying e proxectos solidarios dirixido a escolares que se achegaron na xornada matutina ao Congreso.