Monthly Archives: Novembro 2018

Educación social, politicas culturais e intervención socioeducativa a debate

Esta semana ven de celebrarse unhas xornadas sobre “Políticas culturais, xetión cultural e animación sociocultural, unha mirada dende a educación social” onde un grupo de alumnado estudante de educación social deseñou estas xornadas para establecer unha ollada a educación sociocultural dende a perspectiva sociocultural.

Arelar tivo a oportunidade de participar nunha das mesas redondas para achegar a súa visión sobre o perfil da educación social no manexo de instrumentos do ámbito cultural para a intervención socioeducativa, dende óptica do desenvolvemento da iniciativa privada.

A prevención das drogodependencias dende unha ollada diferente

Ven de comezar no IES Pontepedriña un traballo de prevención de drogodependencias co alumnado de FP Básica de Comercio que  a través da metodoloxía do Teatro Foro, crean unha peza teatral que posteriormente será representada a diferentes grupos de 4º de ESO do centro, e que permitirá abordar a problemática dende unha óptica diferente, obrigando ao alumnado a un traballo vivencial sobre as estratexias para afrontar situacións de presión de grupo, de afrontamento de conflitos entre iguais ao redor de consumos, a comunicación no seo familiar, etc…

O alumnado participante (18 en total) crea as situacións onde se desenvolve a peza, froito das súas percepcións e inquedanzas, de cara a abordar a prevención dende as dificultades dun personaxe central na súa relación problemática coas drogas.

Ler máis…

Nais e pais achéganse ao ciberbullying

Onte comezaron as sesións formativas dirixidas a nais e pais, dos centros de educación secundaria de Vilagarcía de Arousa, no marco do proxecto de prevención do ciberacoso que se desenvolve ao longo deste curso escolar.

Onte empezaron as sesións formativas co IES FERMÍN BOUZA BREY as 18´15h. en cada centro desenvólvense dúas sesións formativas, para o traballo educativo e preventivo de nais e pais ao redor desta problemática.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto con actuacións dirixidas a familias e ao alumnado de 4 centros de educación secundaria.

A continuación, achegamos unha entrevista a arelar ao redor desta iniciativa en Cadena ser (Radio Arosa)

entrevista a arelar_formacion ciberacoso nais e pais_