Monthly Archives: Outubro 2018

Facendo fronte ao ciberbullying

Esta semana deu comezo o proxecto de “Prevención do ciberacoso e bo uso das Tic´s” promovido polo Concello de Vilagarcía e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, e que pretende establecer estratexias de sensibilización, prevención e detección do ciberacoso no seo da comunidade educativa.

O proxecto establece dúas liñas de traballo perfectamente diferenciadas. Por unha banda, establécese unha serie de accións formativas para nais e pais, dirixida a facilitar estratexias de detección de posibles situacións de ciberacoso, así ocomo para establecer pautas educativas para a prevención.

Por outra banda, o proxecto establece unha actuación innovadora para o traballo directo co alumnado, dirixida a preparar un teatro foro coa temática do ciberacoso, elaborado polo propio alumnado e que representará ao resto da comunidade educativa en varias sesións formativas.

Ler máis…

Envellecemento activo e voluntariado

Ven de iniciarse na plataforma de formación on-line da Direción Xeral de Xuventude, Particpación e Voluntariado un curso de “Envellecemento activo e Voluntariado” dirixido a formar a entidades de acción voluntaria e o seu voluntariado no desenvolvemento de proxectos de envellecemento activo onde o voluntariado teña un rol activo.

O curso consta de 4 módulos, nos que se efectúa un percorrido polo que significa o desenvolvemento de proxectos de envellecemento activo e cales son as claves para a súa posta en práctica dende a óptica do voluntariado.

Deste xeito o curso desenvolve os seguintes módulos:

Módulo I: Claves do envellecemento activo
Módulo II: Áreas de intervención e papel do voluntariado
Módulo III: A labor de acompañamento con persoas maiores desde o programa Acompaño
Módulo IV: Desenvolvemento de proxectos de envellecemento activo dende a óptica do voluntariado

O Curso é impartido por Arelar e remata o 31 de outubro.